Pestanas principais

Xa se coñecen os 12 finalistas do “Canta con Ames”

Martes, 09 de agosto de 2022

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu este sábado día 6 de agosto a semifinal do “Canta con Ames”. De entre os vinte participantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do “Canta con Ames” contou, ademais, con dúas convidadas de excepción, Carmen e Lara; as gañadoras da categoría infantil e xuvenil respectivamente da pasada edición do Canta con Ames que interpretaron un tema. A final do concurso vaise celebrar o 27 de agosto en Bertamiráns.

O “Canta con Ames” é un concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. A segunda edición do "Canta con Ames" comezou coas dúas xornadas de preselección na que participaron 25 persoas: 11 concursantes no Milladoiro e 14 en Bertamiráns. Tras as dúas xornadas de preselección, as 20 persoas seleccionadas polo xurado participaron o pasado sábado 6 de agosto na semifinalque tivo lugar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro.

O propio día da semifinal o xurado escolleu aos/as 12 finalistasl. Na categoría infantil pasan á final Ana Ramos, Adriana Vigo e David Castiñeiras, mentres que na categoría xuvenil acceden á final María Iglesias, Raysa Luciana e Anxo Villanueva. Por outra banda, na categoría sénior pasan á final María Salaño, Elvira Otero, Montse Angueira e Alicia Celdrán. Por último na categoría súper sénior acceden á final José Rey e Ruth González.

As persoas que non foron seleccionadas recibiron un agasallo doado pola Xuntanza de Empresarios de Ames; concretamente de Os Biosbardos, PC Bertamiráns, Secretos de Tocador, Máis que Louza, The Shop e The Shop Joyería.

Esta xornada contou, ademais, con dúas convidadas de excepción; Carmen e Lara, as gañadoras da categoría infantil e xuvenil respectivamente da pasada edición do “Canta con Ames”, que interpretaron unha canción. Ambas, moi emocionadas por volver subir ao escenario do “Canta con Ames”, recibiron dous vales para gastar nos establecementos Máis que Louza e PC Bertamiráns, doados por XEA. Ademais, a semifinal contou coa actuación de Frankie, que demostrou a súa habilidade no beatbox.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, quixo poñer en valor a todas as persoas que colaboran na realización do “Canta con Ames”. “O sábado viviuse unha xornada inesquecible do “Canta con Ames”; houbo moita emoción e alegría enriba do escenario. Quero felicitar a todos os participantes da semifinal, parabéns aos que pasaron á final e aos que non o conseguiron agradecerlle a súa participación e dicirlles que estariamos encantados de contar con eles para unha vindeira edición”. E engadiu “Quero agradecerlle aos voluntarios de Protección Civil a súa colaboración para que todo saia á perfección; sempre contamos coa súa axuda pero nesta edición máis ca nunca pois fixeron posible que Rosa aos seus 74 anos puidese participar e subir ao escenario como unha concursante máis. Grazas tamén a XEA por doar os premios dos concursantes que non puideron pasar á final, a Víctor Hugo por inmortalizar esta final e ao establecemento do Milladoiro “Lovely by Isabelle” por vestir a Noelia Bellas”.

Final do “Canta con Ames”
A gran final realizarase o 27 de agosto, ás 19.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta fase as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical.

Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselles cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano, unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), e unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da Asociación de Empresarios Polígono Novo Milladoiro.

Por outra banda, aos 8 participantes que cheguen á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Actuación da Panorama
Ademais dos premios recollidos nas bases da segunda edición do concurso “Canta con Ames”, os/as gañadores/as do certame poderán actuar como abreconcerto da orquestra Panorama, que estará o domingo 18 de setembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Estos son los doce finalistas que competirán en la última gala del concurso Canta con Ames"

El Correo Gallego: "El certamen de karaoke Canta con Ames ya tiene finalistas para el día 27"

Xa se coñecen os 12 finalistas do “Canta con Ames”

Multimedia

  • Xa se coñecen os 12 finalistas do “Canta con Ames”