Pestanas principais

Xa se poden presentar as solicitudes para a convocatoria de axudas de promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS

Venres, 31 de maio de 2013

[31-05-2013] O Concello de Ames aprobou en Xunta de Goberno Local a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amienses ao longo do ano 2012. En total, destínanse 18.500 euros para esta convocatoria de subvencións. A través destas achegas poderanse sufragar ata un máximo do 80% das saídas culturais ou das actividades extraescolares, que levan a cabo estas asociacións. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ames ou en calquera outro rexistro público. O prazo para presentar as solicitudes na convocatoria de 2012 será dun mes desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Hai que ter en conta que as bases desta convocatoria de axudas saíron publicadas no BOP o 31/05/2013. As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados correspondentes, que poden obterse nas dependencias do departamento de Educación. En caso de solicitar achega para varias actividades, deberá encherse un modelo de solicitude para cada unha delas.