Pestanas principais

Xornada no Aquapark de Cerceda no Trouleando de xuño

Martes, 28 de maio de 2024

A Concellaría de Xuventude de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o sábado 15 de xuño e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 30 de maio e o 5 de xuño (ambos incluídos). As prazas para participar son limitadas e asignaranse por orde de chegada.

Coincidindo co inicio do verán, a Concellaría de Xuventude organiza para este mes de xuño unha nova actividade do programa Trouleando. Desta volta prográmase unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc.

A actividade terá lugar o sábado 15 de xuño. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.00h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.15 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.

Poden inscribirse os/as mozos/as empadroados/as no concello de Ames, nados entre 2011 e 1994 que saiban nadar, enviando a ficha cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal entre o 30 de maio e o 5 de xuño. As prazas son limitadas (95 por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles). Será preciso contar cun mínimo de 40 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade.

Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Xuventude a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50 e muda. Os participantes tamén deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.

Xornada no Aquapark de Cerceda no Trouleando de xuño

Multimedia

  • Xornada no Aquapark de Cerceda no Trouleando de xuño