Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación das obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns

Luns, 16 de agosto de 2021

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión do xoves, 5 de agosto de 2021, aprobou o expediente de licitación das obras de Rúa Fragua a Xunqueira, POS 2020, mediante procedemento aberto simplificado. O importe da oferta do licitador ascende á contía de 47.885,95 €. As obras executaranse sobre unha superficie de 1975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop.

Nas rúas Fragua e Xunqueira está prevista a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 sobre unha superficie de 1975 m2, -dos que 530 m2 atópanse no inicio da actuación e 1.445 m2 atópanse no final- e en dous treitos intermedios de 435 m de lonxitude de 6 m de ancho medio e 55 m de lonxitude e 5 m de ancho medio.

O proxecto contempla que na superficie de 1975 m2, previo ó estendido da capa de rodaxe, levarase a cabo o fresado do pavimento existente, mentres que para os tramos intermedios de 435 m e 55 m de lonxitude, levarase a cabo a reparación de fochancas e o perfilado de mordentes ao 15% da superficie no treito de 453 metros e ao 10% da superficie no treito de 55 m con 10 cm de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Completan as obras a execución de 60 m de cuneta de seguridade, previa limpeza e recuperación da súa sección, e a sinalización horizontal e a vertical coa colocación de 4 sinais de stop.

Estas obras saen a contratación logo da declaración de necesidade efectuada pola Concellería delegada de Obras e Servizos Básicos.

O importe da oferta do licitador ascende á contía de 47.885,95 € mentres que a a contía do IVE repercutible ao tipo do 21% ascende á contía de 10.056,05 €. O contrato de duración é de seis meses.

Intervención no entorno de Cantalarrana

Esta actuación no núcleo de Bertamiráns forma parte dun grupo de obras que se vai a realizar na contorna de Cantalarrana e súmanse ás xa realizadas durante o mandato pasado. Estas obras que se van a acometer, ademais da pavimentación das rúas Fragua e Xunqueira, desde a Avenida da Maía ata a rúa Alcalde Lorenzo; vaise realizar a apertura do vial que une a Travesía da Agra coa rúa Fontaldeiro, ademais da colocación da tubaxe de pluviais e posterior pavimentación. E está prevista para licitar no terceiro trimestre do ano a mellora da estrada que vai de Cantalarrana ao núcleo de Brión, canalizando as pluviais que transcorren pola cuneta e pavimentando o acceso con aglomerado.

O alcalde, Blas García, pon en valor estas actuacións no seu conxunto, xa que “forman parte dunha planificación de mellora dunha zona pegada a Bertamiráns e que se usa moito, tanto para pasear como para vía de escape e alternativa de moitos vehículos que non queren circular pola Avenida da Maía, e polo tanto facilitan a mobilidade”. “Este Goberno segue apostando polos investimentos tanto nas zonas urbanos como periurbanas do municipio, e neste caso con actuacións mixtas do Ciclo Interior da Auga”, remata dicindo García.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames licita por 48.000 euros obras en las calles Fragua y Xunqueira"

El Correo Gallego: "Mejoran la seguridad en viales de Cantalarrana usados para pasear"

Compostela 24 Horas: "Ames aproba o expediente de licitación das obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns"

Obras rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns

Multimedia

  • Obras rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns
  • Obras rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns
  • Obras rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns