- Tematica
Oito entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro serán as beneficiarias das subvencións que para a promoción de actividades de Servizos Sociais Comunitarios e Inclusión Social do Concello de Ames vén de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 30 de xullo. As subvencións axudarán a promover accións e actividades de inserción social, dirixidas especialmente a persoas e colectivos con dificultades especiais.
Arcea Adames, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago, Caritas Diocesana de Ortoño e Caritas Diocesana de Milladoiro, A Asociación de Migrantes de Galicia, Asociación Tierra de Homes e Asociación do Camiño Portugués en Ames-Teo son entidades as beneficiarias das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que o Concello de Ames concede no ano 2020.
“Este ano aumentou o número de entidades que se presentaron e aumentou tamén considerablemente a cualidade dos proxectos”, comenta a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Luisa Feijóo amosa o seu contento ademais polo labor social que supoñen: “estamos moi contentas tamén porque a meirande parte das propostas complementan á perfección o labor dos Servizos Sociais do Concello”.
Nesta edición como novidade e a solicitude de varias entidades a convocatoria saiu a principios de ano para que puidesen saber con antelación as cantidades coas que podían contar e puidesen xustificar en varios prazos.
A Asociación Arcea Adames presentou un proxecto que traballar a autonomía persoal e a educación emocional con intervención en comunicación e linguaxe. Este proxecto propón actuacións destinadas a adquirir capacitación persoal, formación básica e de tipo laboral específica adaptada ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual coas que traballa.
A Delegación de Caritas Diocesana Santiago Parroquial de Ortoño pediu esta subvención para un Proxecto de alugueiros e outro de necesidades básicas. Pola súa banda, Caritas Diocesana Santiago Parroquial de Milladoiro presentou ás subvencións 3 proxectos: Areté, Acollida e emerxencia social COVID19. As liñas de actuación de ámbalas dúas delegacións inclúen programas integrais de base comunitaria que desenvolven actuacións preventivas de intervención e seguimento en risco de exclusión social.
A Asociación “Fonte da Virxe” de familiares e amigos dos enfermos mentais presentou un proxecto de acompañamento integral no rural, cuxas actuacións incluirán programas de inserción social e irán dirixidas a colectivos con especiais dificultades.
O Proxecto Rosalía de Castro foi presentado a estas subvencións pola Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA) e empregarase tamén en programas de reinserción social.
A actuación que propón A Asociación de Persoas Sordas de Santiago resúmese no Proxeco de comunicación e interpretación de linguaxe de signos e inclúe liñas de inserción social dirixidos a colectivos con especiais dificultades.
A Asociación Tierra de Homes titulou o seu proxecto, dirixido tamén a axudar na reinserción a colectivos con especiais dificultades, “Viaxe cara a vida·.
Aos mesmo colectivos e coas mesmas finalidades, dirixese a A Asociación do camiño portugués en Ames-Teo que presentou dous proxectos: Proxecto “A túa pegada” e “Proxecto Belenús”.
O importe total das subvencións é de o gasto por importe de 39.998,64 euros. As entidades deberán proceder á xustificación antes do 31 de agosto de 2020 das actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2020.
Enlaces relacionados:
El Correo Gallego: "Ames subvenciona iniciativas sociales"
La Voz de Galicia: "Subvenciones municipales para ocho entidades de iniciativa social en Ames"