Pestanas principais

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns

Venres, 06 de xullo de 2012

[06-07-2012] A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns, 9 de xullo, ás 11,30 horas no Salón de Plenos. O alcalde de Ames, Santiago Amor, presidirá esta reunión, na que os diferentes axentes que forman parte desta Xunta (Subdelegación do Goberno, Policía Autonómica, Garda Civil e Policía Local) farán un seguimento da seguridade cidadá do municipio.

Aproveitando esta convocatoria, o Goberno de Ames quere volver a incidir na importancia que ten a colaboración cidadá como reforzo ao traballo conxunto que desenvolven a Policía Local e a Garda Civil na prevención de delitos. Por iso, faise un chamamento á cidadanía para que poña en coñecemento das forzas de seguridade calquera actitude sospeitosa.

O Goberno amiense tamén quere poñer en valor a importancia da colaboración efectiva que veñen desenvolvendo os efectivos da Policía Local e da Garda Civil. Esta coordinación dá importantes froitos, como a detención esta mesma semana de dúas persoas cando tentaban roubar no interior dunha vivenda en Bertamiráns.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns"