- Tematica
Facer un recado, unha compra rápida ou un trámite será máis doado a partir de agora en Ames logo de que o Concello, a través da Concellaría de Tráfico,Transporte e Mobilidade, aumente a 30 minutos o tempo de permiso de aparcamento nas zonas que estaba limitado a 10 minutos. A medida afecta a toda a zona urbana amesá e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o desenvolvemento das xestión que se realizan utilizando o coche como transporte.
As 30 zonas de estacionamento limitado coas que conta o concello de Ames, ampliarán o seu horario en 20 minutos con respecto ao establecido na actualidade. Dese xeito, o permiso para aparcar nestas zonas será de 30 minutos, no canto dos 10 que estaba permitido até de agora. Na actualidade estase procedendo a sinalización das zonas de estacionamento de tempo limitado.
Para a concelleira de Transporte, Tráfico e Mobilidade, Beatriz Martínez, a posta en marcha desta medida favorecerá a realización de compras e xestións. “Somos conscientes de que 10 minutos é un tempo moi xusto para facer calquera xestión; cremos ademais que esta ampliación a 30 minutos do permiso de estacionamento vai repercutir ademais moi favorablemente no comercio local porque favorece a rotación dos vehículos”.
Esta medida súmase á nova limitación de velocidade a 30 quilómetros por hora. A Concellaría de Mobilidade colou varias sinais, verticais e horizontais, nas zonas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro.
As vías que quedan fora desta norma son a Rúa da Madalena e a Avenida da Rosalida de Castro, no Milladoiro, e Alcalde Lorenzo e a Avenida da Peregrina , en Bertamiráns, xa que non son titularidade do Concello de Ames.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Las zonas de estacionamiento de tiempo limitado de los núcleos de Ames aumentan a 30 minutos"
El Correo Gallego: "Recados sin la lengua fuera al aumentar el párking hasta la media hora en zonas limitadas"
Lindeiros: "O estacionamento limitado de Ames pasa de dez a trinta minutos"
Revista AmesGo: "As prazas de tempo limitado permitirán estacionar ata media hora"