Pestanas principais

Alexandre Espinosa Menor

Alexandre Espinosa Menor
Designacion: 
Concelleiros/as
Biografía: 

Veciño de Bertamiráns desde o ano 2007, casado e pai de dúas crianzas.

Informático, superado o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e con estudos do Grao en Enxeñaría Informática (USC).

Responsable local do BNG de Ames entre o 2017 e o 2021, sendo na actualidade vice-responsable, forma parte do Consello Comarcal do BNG na comarca de Compostela.

Colaboracións con diversas organizacións en defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos civís. Foi socio da Asociación Cultural "Follas Novas" de Ames e da Agrupación Folclórica "Cantigas e Agarimos" de Compostela. Formou parte das agrupacións musicais tradicionais "De Pé Feito" (Ourense) e "Estiño" (Allariz).

Membro da Executiva Nacional da Federación da Banca da CIG, responsable nacional das TIC no sindicato nacionalista e membro da Executiva Comarcal de Compostela da Federación da Banca.

Correo electrónico:

Funcións: 
Concelleiro do Bloque Nacionalista Galego de Ames.
Ficheros adjuntos: 
Currículo profesional de Alexandre Espinosa Menor
Declaración do IRPF do exercicio 2022