Nado en Santa Comba en novembro de 1992, comezou a residir no Milladoiro dende o 2000 xunto coa súa familia.
Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Comunicación e Marketing Dixital pola Universitat Autónoma de Barcelona. Durante a súa etapa estudantil foi o responsábel do campus dos Comités Abertos de Facultade e membro da Xunta de Facultade de Ciencias Políticas.
En Barcelona traballou en diferentes axencias de comunicación elaborando estratexias e campañas para grandes marcas. Á súa vez desenvolveu unha gran actividade cultural na cidade condal, participando en diferentes movementos sociais da sociedade catalá, así como creando a primeira aula aberta a todos os públicos para aprender galego en Barcelona. En 2019 trasladouse a Madrid para traballar como xefe de prensa do deputado Néstor Rego no Congreso dos Deputados. Actualmente traballa no gabinete de comunicación do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia.
Divulgador e activista dixital dende moi mozo creou diferentes iniciativas para promover a lingua galega en diferentes ámbitos, especialmente no dixital. Cabe destacar iniciativas como o Twitter en galego para traducir esta plataforma social, a "Operación Albóndega" para que IKEA rotulase en galego ou Instagram en galego coa mesma finalidade. Ademais é o creador e presentador do videopodcast Exército Mekemeke.
Forma parte da executiva da Mesa pola Normalización Lingüística como coordinador de zonas; e é membro da directiva da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego.
Correo electrónico:
Redes Sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/comumola
Twitter (X): https://x.com/carlosvieito
Instagram: https://www.instagram.com/carlosvieito
TikTok: https://www.tiktok.com/@carlosvieito
LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/carlosvieito