Pestanas principais

José Ramón Oulego Erroz

José Ramón Oulego Erroz
Designacion: 
Concelleiros/as
Grupo municipal: 
Biografía: 

Nado no ano 1979, reside en Bertamiráns dende 2013. É licenciado en Dereito pola USC, e conta cun posgrao en Práctica Xurídica, cun máster en Dereito financieiro e tributario (USC) e con outro en Blockchain para xuristas e criptomonedas (URJC). 

Actualmente é membro do IPISC (Investor Protection and Intermediaries Standing Committee) de ESMA (European Securities and Markets Authority) en París, tendo realizado informes e estudos para a protección de inversores minoristas no desenvolvemento das principais regulacións europeas no ámbito bancario e financieiro. 

É socio director de Oulego Abogados & Consultores, centrado nas labores de Dereito bancario, regulatorio e penal económico. Ten sido letrado en diversas macroestafas de inversión, como o caso Arbistar. Tamén é o CEO da empresa Aurinext, enfocada na consultoría de negocio e desenvolvemento de proxectos blockchain, e desenvolveu diversos proxectos de tokenización e metaversos en Andalucía, Galicia e Valencia. 

Exerce como docente no máster universitario de Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais, da USC. Foi concelleiro en Ames no mandato 2019-2023.

Correo electrónico:

Funcións: 
Concelleiro do grupo municipal do Partido Popular de Ames.
Retribucións: 

Dedicación parcial: 26.250 euros brutos ao ano (sen incluír Seguridad Social).