O SNL. en colaboración cos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino de primaria, organiza todos os anos un certame artístico-literario intercentros que ten como obxectivos centrais dinamizar o uso do galego entre a xente máis nova, promover a creatividade e a reflexión sociolingüística entre a rapazada, as familias e o persoal dos centros de ensino.
O alumnado participante presenta un texto ilustrado en prosa ou en verso sobre unha temática indicada nas bases de cada edición. O enunciado da dita temática busca sempre promover a reflexión sociolingüística ao tempo que se achega ao alumnado á persoa homenaxeada en cada edición das Letras Galegas.
- Destinatarios/as: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria dos centros de ensino do Concello.
- Documentos: