- Obxectivo principal e pequena descrición
O Concurso Radiofónico de Teatro Lido pretende dinamizar dun xeito lúdico o uso oral e escrito do galego entre a mocidade amesá a través da creatividade. Intenta, ademais, fomentar o gusto polo teatro e o achegamento á radio municipal.
- Persoas destinatarias
Poderá participar todo o alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO dos centros de ensino do Concello de Ames. Participarase en grupos formados por entre 2 e 4 persoas. Todos os grupos deben ter un/unha representante (profesorado ou calquera outra persoa adulta) co fin de coordinar coa organización o desenvolvemento da actividade (datas da formación, da gravación...).
- Ligazóns relacionadas
- Trámites correspondentes