O Concello de Ames, a través da concellaría de Comunicación, convoca de xeito anual unha convocatoria de programas de radio cidadá, para que a veciñanza que así o desexe podida presentar os propios proxectos de programas de radio, para realizar en Ames Radio.
- Convocatorias de Radio Cidadá:
- Obxectivo principal: O obxectivo principal desta convocatoria é achegar a radio á veciñanza, de maneira que calquera persoa, asociación ou entidade do concello poida facer un programa de radio do seu interese. Ames Radio acreditará a participación de todas as persoas colaboradoras mediante un diploma.
- Persoas destinatarias: Poderá presentar os seus proxectos calquera persoa, asociación ou entidade de Ames maior de 18 anos. Tamén poderán presentar proxectos persoas maiores de 16 anos sempre baixo a responsabilidade dalgún dos seus proxenitores ou titor/a.
Así mesmo poderán presentar proxectos en Ames Radio outras persoas, asociacións ou entidades non residentes no municipio cando resulten de interese para o Concello de Ames ou estean protagonizados por persoas residentes ou nadas no municipio ou que traballen nel, así como por asociacións e colectivos do Concello.
- Normativa:
- Bases da convocatoria de Radio Cidadá (outubro 2023 - xuño 2024)
- Ficha de solicitude para participar na convocatoria de Radio Cidadá (formato PDF)
- Ficha de solicitude para participar na convocatoria de Radio Cidadá (formato DOC)
- Regulamento de organización e funcionamento da emisora municipal de frecuencia modulada Ames Radio do Concello de Ames