O obxectivo é o de promover a formación e a creación propia entre a veciñanza amiense.
Destinatarios/as
Poboación de Ames dependendo de cada escola.
- Escola de Artes Plásticas. O alumnado perfecciona e aprende distintas técnicas de pintura modelado, traballo con madeira, teas, papel. Nesta escola inclúense os obradoiros de manualidades dirixido a maiores de 16 anos. E o obradoiro de Arte miúda dirixido a rapaces e rapazas dos 3 aos 6 anos, e outro grupo de 7 a 9 anos.
- Escola de baile: As persoas participantes coñecerán distintos tipos de baile, pasodobre, chachachá, vals, bachata. Dirixido a persoas maiores de 16 anos.
- Escola de teatro: os obxectivos que se pretenden con este obradoiro son entre outros, afianzar e potenciar a afección ao teatro no concello. Tamén se pretende consolidar unha canteira de actores e actrices que integren futuros elencos de posibles producións da Escola municipal de Teatro de Ames. Dentro da Escola de teatro temos tres Teatro infantil e Xogo dramático, 2 grupos de idade, dos 3 aos 6, e dos 7 aos 11 anos, Expresión dramática dos 7 aos 11 anos. E O Grupo Municipal de teatro que está incluído na Rede Cultural da Deputación, conta cunha traxectoria importante, levando a cabo unha produción ao ano, que representan ademais de nos auditorios de Bertamiráns o do Milladoiro noutros puntos de Galicia.
Trámites:
- Inscrición telemática
- Inscrición presencial: Casa da Cultura do Milladoiro e Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
Folleto: