O Concurso Radiofónico de Teatro Lido, Desata a Lingua! pretende dinamizar dun xeito lúdico o uso oral e escrito do galego entre a mocidade amesá a través da creatividade. Intenta, ademais, fomentar o gusto polo teatro e o achegamento á radio municipal.
O alumnado participante participa nunha xornada de formación na que se lle achegan nocións de locución e guionización e recursos para crear as súas propias pezas de teatro lido. As pezas grávanse e emítense todas na radio municipal. Toda a veciñanza pode participar na escolla do premio do público. Os premios entréganse nunha gala á que asiste todo o alumnado participante.
É unha actividade organizada entre as concellerías de Comunicación, mocidade e Normalización Lingüística
- Destinatarios/as:
- Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO dos centros de ensino do Concello de Ames. Participarase en grupos formados por entre 2 e 4 persoas e todos os grupos deben ter un/unha representante (profesorado ou calquera outra persoa adulta) co fin de coordinar coa organización o desenvolvemento da actividade (datas da formación, da gravación...).
- Veciñanza en xeral
- Ligazóns relacionadas:
- Documentos: