Enreguéifate é un proxecto conxunto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Santiago e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Este proxecto súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal do programa é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso inclúe acción formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro de regueifa.
Toda a información en www.enregueifate.gal
- Destinatarios/as: Calquera persoa interesada na regueifa, nomeadamente a mocidade
- Documentos: