O Concello de Ames conta cun sistema de comunicacións ao que se pode subscribir a veciñanza. Deste xeito, chegaralle á caixa de entrada do correo electrónico, de cada persoa que se subscriba, un boletín con información municipal: actividades culturais/deportivas, novos programas/iniciativas postas en marcha, presentacións e comparecencias, asuntos relacionados coa xestión municipal, etc.
- Persoas destinatarias: A toda a poboación de Ames.