Galeg@ para sempre promove a utilización da lingua galega no ámbito funerario, coa implicación das persoas e dos profesionais relacionados co sector, co obxectivo de garantir que todas as persoas que queiran dispor de servizos fúnebres en galego poidan acceder a estes con normalidade.
- Destinatarios/as:
- Empresas do ámbito funerario (florerías, marmorarías, funerarias, etc.)
- Veciñanza en xeral
- Documentos:
- Manual de recursos para actos funerarios (modelos de necrolóxicas; lemas e frases para sepulturas, ramos e coroas; poemas para as cerimonias civís).
- Declaración individual da vontade de ser despedido/a e lembrado/a en galego
- Galeg@ para sempre. Informacion xeral
- Galeg@ para sempre. Texto tanatorio
- Compromiso das funerarias amesás
- Galego de por vida, Xesús Ferro Couselo
- Galego para sempre, Xosé Antón López Silva