Obxectivo principal e pequena descrición: Coordínanse dous espazos municipais, un no núcleo urbano do Milladoiro e outro en Bertamiráns, cun total de 90 parcelas para cesión de uso a veciños empadroados. A ordenanza que regula o funcionamento destes espazos dálle prioridade aos maiores de 64 anos e persoas e en risco de exclusión social.
Obxectivos:
Recuperar espazos urbanos para o uso público e achegar diversidade á paisaxe do municipio.
Ofrecer un espazo de ocio e actividade para as persoas.
Fomentar a participación cidadá.
Promover boas prácticas ambientais de cultivo, xestión de residuos, aforro de auga, agricultura ecolóxica, recuperación de usos e costumes da agricultura tradicional, preservación de variedades autóctonas, etc.
Mellorar a saúde da cidadanía e manter a calidade de vida.
Favorecer a integración de colectivos, ocupando o seu tempo e facilitando a creación de novas relacións.
Potenciar o carácter educativo das hortas.
Establecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividade humanas.
Promover unha alimentación sa e hábitos saudables.
Impulsar un maior coñecemento e respecto polo medio natural.
Promover as relacións e o intercambio xeracional e intercultural.