Durante o mes de febreiro inténtase coordinar unha programa de actividades variadas e participativas que impliquen a toda a veciñanza para difundir a obra e o pensamento rosaliano como xeito de recuperar o orgullo de quen somos e o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína das galegas e galegos. Asemade preténdese pór en valor o vínculo que o noso concello ten con Rosalía de Castro e socializar entre a veciñanza a obra e a figura de Rosalía.
Nesta programación colaboran os Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística dos centros de ensino e diferentes asociacións veciñais.