PLAN DE PREVENCIÓN E DEFENSA FRONTE AOS INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A PLANTACIÓN DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS NOS ESPAZOS DEFINIDOS POLA LEI 9/2007 COMO FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA
- O Concello de Ames deseñou un Plan de plantación de frondosas caducifolias nas faixas de seguridades cons seguintes obxectivos:
- A posta en valor dun terreo non explotable forestalmente e no que está prohibida a plantación de especies de crecemento rápido que adoitan ser empregadas pola maioría de propietarios particulares.
- Control e inhibición do monte baixo, provocado pola ausencia de luz, xerado pola cobertura total das copas das especies frondosas e a cobertura total do chan das follas desprendidas polas especies frondosas caducifolias.
- A obtención de beneficios complementarios ao estritamente protector, como poden ser a obtención de aproveitamentos non madeireiros como os cogomelos ou a froita (castañas, noces, abelás, cereixas, landras); beneficios medioambientais (incremento de biodiversidade, equilibrio de hábitat, protección do solo, fixación do carbono atmosférico, protección fronte a especies invasoras); beneficios sociais (proxecto colectivo e común, revalorización e accesibilidade do monte, recuperación das prácticas tradicionais); beneficios económicos (evitar sancións por incumprila lei, deporte e turismo).
- Reverter a percepción negativa, que adoita ter o cumprimento das obrigas legais de medidas preventivas relacionadas coa propiedade de terreos de carácter forestal, facilitando a mobilización de condutas que incidan na xestión sostible do noso medio, e incidindo en recuperar actitudes motivadas en relación co entorno máis inmediato.
- Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Ames (novembro 2019).
- Destinatarios: propietarios forestais con terreos incluídos nas faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de Ames
- Trámites relacionados:
- Documentación:
- Bases reguladoras das axudas para accións preventivas mediante plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa definidas no plan de medidas preventivas fronte incendios forestais no período 2018- 2019.
- Ordenanza municipal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de xestión de biomasa nos espazos definidos como redes secundarias de faixas conforme a legalidade vixente.
- Anexo I: solicitude de elaboración dun plan de medidas preventivas fronte incendios forestais mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de Ames.
- Anexo II: formalización da adhesión ao plan de plantación e solicitude de axuda para repoboación con frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de Ames.