Pestanas principais

Programa de apoio ás festas tradicionais e romarías.

Con este programa trátase de fomentar a cultura tradicional apoiando as entidades organizadoras das festas tradicionais e romarías populares, facilitando apoio e axuda económica, propiciando planos de dinamización cultural e colaborando na organización dos ciclos anuais do Entroido, Magostos, Nadal…

As accións que se levan a cabo son as seguintes

  • Plano de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais e promoción de festas populares organizadas no Concello de Ames. Convocatoria anual. O obxectivo principal é a participación activa da veciñanza nunha actividade -a cultura- de claro interese público, como medio de promover a formación das persoas máis novas, e de propiciar a oportunidade de convivencia entre os veciños e veciñas.

Destinatarios/-as

  • Asociacións legalmente constituídas que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega. No caso da convocatoria de promoción de festas populares, poderán acceder igualmente á condición de beneficiario/a as comisións de festas constituídas por unha agrupación de persoas físicas, sen personalidade xurídica.    

Trámites

Documentos:
Bases
BOP

ANEXO 1

  • Solicitude Subvención
  • Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente
    • Descrición detallada da actividade para a que se solicita a subvención.
    • Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da subvención.
    • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

ANEXO 2

  • Declaración responsable do representante legal da entidade.

Plano de dinamización cultural das festas populares. O obxectivo é favorecer por unha banda ás comisións de festas proporcionándolle actuacións de grupos de baile e música tradicional e música coral de grupos de Ames, e por outra parte dar a coñecer e impulsar a participación destes grupos na vida cultural do concello.

  • Destinatarios/-as: Asociacións ou comisións de festas organizadoras das festas.

Festa do entroido. Concurso e desfile de disfraces

  • Persoas destinatarias: Todos os públicos
  • Trámites: Inscricións realizaranse na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, das 9.00 h ás 14.00 h, a través do teléfono 662377444, ou no cultura@concellodeames. gal.


Festa de Reis. O día 5 de xaneiro celébrase a Festa de Reis cunha recepción dos reis magos nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro con espectáculos de acrobacias, aéreos e luces, reparto de caramelos.

  • Persoas destinatarias: Todos os públicos