Pestanas principais

Programa de minización do impacto da vespa velutina

Este programa lévase a cabo en colaboración do servizo de voluntarios/as de Protección Civil do Concello de Ames. Organízanse charlas informativas sobre a bioloxía, etoloxía e principais mecanismos de minimización dos danos producidos por este insecto invasor facendo especial fincapé no dano que produce aos polinizadores autóctonos.
Anualmente cédense 150 trampas e líquido atrainte para a captura de raíñas. O plan é seguido mensualmente co fin de elaborar un censo de captura que se sume ao censo de retirada e aviso de niños como xeito de coñecer a distribución e incidencia desta praga no noso concello.

As persoas interesadas en colaborar na loita fronte a expansión da velutina poderán solicitar unha destas trampas a través da Aula da Natureza, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 660 004 665, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

  • Destinatarios: veciños/as do concello de Ames