Anualmente, a Policía Local de Ames organiza un proxecto educativo que imparte nos centros de ensino do concello. O obxectivo é concienciar ao alumnado sobre as normas básicas que se deben seguir nos desprazamentos a pé, en bicicleta ou nun medio de transporte público. Este programa xira arredor da seguridade viaria e da redución da contaminación ambiental. Os axentes da Policía Local imparten charlar e organizan outro tipo de actividades para tratar de reducir o uso do automóbil, ao tempo que se potencian medios de transporte alternativos como a bicicleta ou o autobús.