Prestar un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias segundo a súa problemática: carencias económicas e sociais, conflitos relacionais, desemprego, desarraigo...
Servizo de Atención familiar
Un equipo profesional interdisciplinar formado polo traballador/a social, a educadora familiar, a psicóloga, intervén conxuntamente cos integrantes de cada unidade de convivencia.
Persoas destinatarias:
Aquelas persoas e familias empadroadas no noso concello que teñen necesidade de apoio para facer fronte a momentos de inestabilidade económica.
Persoas ou familias con sobrecargas, problemas de aillamento ou de integración na contorna.
- Renda Municipal básica:
- Prestación periódica , de natureza económica, temporal, subsidiaria e vinculada a un proxecto de inclusión social.
- Esta Renda está prevista para persoas, familias ou unidades de convivencia con recursos económicos insuficientes, en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de exclusión social co fin de evitar, previr ou paliar posibles situacións de marxinación social.
Establécese un límite de ingresos para poder acceder a esta Renda por unidade familiar ou de convivencia do 100% do IPREM vixente en cada ano incrementado nun 10% por cada membro adicional ata un máx de 150% e unha esixencia de 3 meses de empadroamento. Establécese unha duración inicial para a prestación de 6 meses prorrogable - Axudas para a recuperación en situación de emerxencia:
- Prestación económica de carácter extraordinario e puntual, subsidiaria e complementaria das axudas sociais previstas na lexislación vixente destinadas a atender situacións de urxencia sobrevidas que impidan facer fronte as necesidades básicas.
- Con respecto a anterior Increméntase notablemente o límite de ingresos para acceder a estas axudas do 75 a o 125% do IPREM, incrementado nun 10% por cada membro adicional e descóntanse por alugueiro ou hipoteca ata un máximo de 350€.
- Mantense o requisito de empadroamento en 6 meses e a súa duración e contía dependerá da concepto concreto que da lugar a dita axuda.
- Programa de alimentos.
- Tramitación PNC.
- Tramitación RISGA.
- Tramitación RAI.
- Axyudas familia numerosa.
- Roupeiro Municipal.
Servizo de apoio psicolóxico
Servizo especializado levado a cabo pola psicóloga municipal que intervén ante situacións de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar.
Persoas destinatarias: persoas empadroadas no Concello de Ames en situación de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar.
O apoio que se presta dende este servizo pode ser individual ou en grupo:
- Atención
- Grupos de apoio
- Calquera outro que se demande
Programa de aloxamento e vivenda
Posibilitar un aloxamento provisional e con carácter urxente a aquelas persoas que se atopen en situación de emerxencia persoal ou familiar e que non é posible a permanencia no propio fogar ou que este non exista.
- VIVENDA DE TRÁNSITO
O Concello de Ames dispón dunha vivenda municipal destinada a situacións de desaloxamentos, perda de vivenda habitual por catástrofes e outras situacións de emerxencia social. - PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS
- OUTRAS ALTERNATIVAS DE ALOXAMENTO
Información sobre o acceso á vivenda: alugueiro de vivendas, residencias, centros de día, aloxamentos alternativo. Axudas económicas
Servizo de atención á infancia
Proxecto de detección e intervención precoz sobre as problemáticas que poidan presentar menores e adolescentes, que na maioría dos casos, conecta co ámbito da intervención familiar, co fin de:
- Garantir o acceso aos recursos
- Servir de plataforma para a integración e participación activa na vida social municipal
- Contribuír á conciliación familiar e laboral
As actividades que se desenvolven arredor deste servizo están relacionadas con:
- Coidado persoal e educación para a saúde
- Fomento da autonomía e participación nas tarefas do fogar
- Fomento da igualdade de xénero
- Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar
- Respeto á diversidade
- Acceso ás novas tecnoloxías