Pestanas principais

Youtubeir@s

Youtubeir@s é un programa colaborativo entre varios concellos (A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo), as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.

Ten como obxectivo aumentar o uso do galego na produción e reprodución de vídeos domésticos, especialmente a través Youtube, a canle máis habitual para a difusión deste tipo de autoproducións.

O programa inclúe un certame de vídeos, os premios Youtubeir@s , no que caben as modalidades habituais (titoriais de calquera temática, vídeos de opinión, vídeos musicais ou canles) e no que pode participar calquera persoa maior de 14 anos cun procedemento sinxelo e un prazo moi amplo. Asemade organízanse diferentes actividades de difusión e dinamización na rede, obradoiros formativos e difusión recursos e titoriais dixitais para axudar e animar a crear e consumir contidos en galego en Youtube.

  • Destinatarios/as: Calquera persoa maior se 14 anos
  • Ir a Web
  • Youtubeiros na rede: