Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

Despois de que o pasado 13 de decembro de 2019 a Xunta de Goberno Local procedese á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores Escolares, o representante da empresa A Billarda S.L. e o alcalde de Ames reuníronse para asinalo. Nel inclúese un aumento do número de horas a prestar no servizo.

A XGL aprobou o pasado xoves 12 de agosto o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación (prezo) das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque de Bertamiráns. As obras ascenden a un total de 78.920 euros que se van a financiar conxuntamente entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames.

Dende o pasado 3 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación “Entroido Lúdico” que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de febreiro. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar ofrecendo actividades matinais ás crianzas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas, incluíndo os servizos de Bos días e comedor.

Dende hoxe luns 2 e ata o luns 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Premendo esta ligazón pódese obter o impreso de inscrición da Escola de Verán 2022. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

Dende hoxe, martes 2, e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Premendo esta ligazón pódese obter os impresos de inscrición da Escola de Verán 2023. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

Desde este venres, día 3, ata o venres 17 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Entroido Lúdico, que se realizará os días 3, 4 e 5 de marzo. No programa poderán participar familias empadroadas en Ames con crianzas escolarizadas no 2º ciclo de educación infantil e primaria neste curso escolar e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. O programa inclúe os servizos de comedor e Bos días e os horarios de entrada e saída son bastante amplos e flexibles, adaptándose ás necesidades familiares. As familias interesadas deberán entregar a documentación necesaria na Sede Electrónica ou de maneira presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Pódese descargar o impreso de solicitude na seguinte ligazón.

Ata o vindeiro 31 de marzo as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poden preinscribirse ou renovar praza para o curso 2023-2024, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476. 

Desde hoxe e ata o 15 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que este anos se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2024/2025 nin os nenos/as que para o curso 2024/2025 vaian a cursar a ESO). As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

Dende hoxe, luns 9, e ata o vindeiro martes 24 de outubro de 2023, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

Dende hoxe e ata o próximo 16 de xaneiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación “Entroido Lúdico” que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de febreiro. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar ofrecendo actividades matinais ás crianzas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas, incluíndo os servizos de Bos días e comedor.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.

O CEIP de Barouta, dentro do programa Lectura e familias, organiza para o sábado 27 de maio a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, unha mesa redonda, narracións orais, contacontos, un concerto e unha tómbola.

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP de Barouta presentarán este xoves, 15 de decembro, a Gala de Nadal da escola, que ten como obxectivo a recadación de fondos para a realización da excursión de fin de curso. Será ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas, que teñen un custo de 5 euros, poden adquirirse na tenda Vainilla y Chocolate, en Bertamiráns, na conserxería do centro ou na propia Casa da Cultura, antes de que dea comezo o espectáculo.

A ANPA do CEP de Ventín organiza o 5 dedecembro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, unha actividade formativa chamada "Para, Pensa, Conéctate contra a violencia de xénero". Nela falarase sobre o uso responsable das tecnoloxías para a prevención contra o ciberacoso e a violencia de xénero dixital.

A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 8 de marzo, a presentación do libro “Universo Inverso” ás 19:00 horas. Trátase dun libro de haikus que foi creado integramente polo alumnado de 6º de primaria do CEIP de Barouta, desde a redacción dos textos ás ilustracións. Durante o acto, presentado por Belén Xestal, 25 alumnas e alumnos recitarán algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados de música en directo e de intérpretes en lingua de signos. Ademais, contarase coa actuación do grupo de danza GoPra Performance. Polo momento, o libro non estará dispoñible en librerías, pero poderá adquirirse durante a presentación ou chamando ao centro escolar para encargar algún exemplar.

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.