Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 19 Xullo, 2022 a mércores, 17 Agosto, 2022
Tramite activo:
Pechado
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
- O prazo de presentación das solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2021-2022) vai do 19 de xullo ao 17 de agosto. No prazo do 19 de xullo ao 17 de agosto, deberá presentarse como mínimo o anexo 1 – solicitude. Se nestas datas ten problemas para presentar algún anexo, poderá presentalo voluntariamente ata o 30 de setembro.
DESTINATARIOS:
- Poderán optar a estas subvencións as nais, pais ou titores legais do alumnado matriculado no curso escolar 2021-2022 nun centro de ensino do Concello de Ames sostido con fondos públicos, no nivel de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2021-2022.
INFORMACIÓN:
- Teléfono: 981 89 14 76 ou no enderezo electrónico: educacion@concellodeames.gal.
PROCEDEMENTO:
- Cubrir a instancia facilitada en cada convocatoria, e presentar en rexistro coa documentación correspondente:
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- En calquera rexistro do Concello, ou a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello de Ames ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR) ou en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da LEI 39/2015 DO 1 DE OUTUBRO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AAPP.
Para acudir ao rexistro municipal hai que solicitar cita previa para poder ser atendido. Pódese solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou chamando en horario de 8:30 a 13:30 horas (horario de verán), aos seguintes números de teléfono:
- Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 881 074 710 / 881 074 712 / 881 074 708.
- Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro do Milladoiro: 981 377 654.
Tamén se pode solicitar cita previa enviando un correo electrónico a rexistro@concellodeames.gal / registro@concellodeames.gal, onde hai que indicar un número de teléfono para contactar.
DOCUMENTACIÓN:
- ANEXO 1. SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN
- Os solicitantes deben achegar:
- Fotocopia compulsada do documento de identidade do solicitante.
- Fotocopia compulsada do libro de familia e, no seu caso copia cotexada da sentenza que estableza as medidas paterno-filiais.
- Documento bancario onde indique o IBAN da conta na que haxa de efectuarse o ingreso da subvención e o titular da mesma. O titular da conta deberá coincidir co titular da solicitude da axuda.
- ANEXO 2. CERTIFICADO DE MATRÍCULA NO CENTRO DE ENSINO
- ANEXO 3. DECLARACIÓN RESPONSABLE DA PERSOA SOLICITANTE
- ANEXO 4. CONTA XUSTIFICATIVA (FACTURAS DO GASTO REALIZADO)
NORMATIVA APLICABLE:
- Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento.
- Na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei.
- Regulamento de servizos das corporacións locais.
- Bases reguladoras da convocatoria establecida.