Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Ata o día 29 de novembro está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2024-2025. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo. Na actualidade estase desenvolvendo a edición 2023-2024, que rematará o vindeiro 12 de novembro de 2024. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% dos participantes, superando obxectivo de inserción inicial.

Volven as decoracións de Nadal aos establecementos amesás, cun total de 3.400 euros en premios para as persoas empresarias e autónomas que participen na XIV edición do Concurso de Escaparates. As inscricións para o certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, están abertas ata o luns 20 de decembro ás 14:00 horas, presentando esta solicitude nos diferentes rexistros municipais ou na sede electrónica do Concello. O xurado valorará as montaxes pola súa capacidade de atracción, a orixinalidade, e a elaboración propia, así como o emprego de obxectos propios ou de materiais de refugallo.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informa de que este venres 16 de xullo, comeza o prazo para que novos establecementos comerciais se adhiran á campaña de tarxetas bono “Reactiva Ames”. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 15 de agosto e, tan só, terán que inscribirse aqueles establecementos que non participaran na primeira parte da campaña. Está previsto que a segunda fase da campaña se desenvolva do 1 de setembro ao 31 de outubro.  A clientela do comercio local poderá mercar dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. A través desta iniciativa trátase de fomentar as compras no comercio local de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, desenvolve un ano máis a campaña dos “Bonos Consuma”, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local. O prazo para descargar os bonos estará aberto desde mañá, sábado 14 de decembro. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono con importe de 50 euros que poderá usar nos 105 establecementos adheridos á campaña deste ano. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da páxina web dos bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. Os bonos poderán usarse dende o 14 de decembro ata o 14 de febreiro, exceptuando que o orzamento do programa se esgote antes, que este ano ascende ata os 60.000 euros. No caso de que se esgote o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ter saldo, polo que non se poderán empregar. Pódese consultar as empresas adheridas á campaña na seguinte ligazón.

Tras o éxito acadado na edición actual do programa InserAmes Brión XI (período 2018-19), cunha porcentaxe de inserción laboral superior ao 60% das persoas participantes, os concellos de Ames e Brión porán en marcha un novo programa que comezará nas próximas semanas e que rematará en outubro do 2020. Para a décimo segunda edición do InserAmes Brión búscanse 100 persoas desempregadas, inscritas no servizo Público de Emprego de Galicia, residentes nos concellos de Ames e Brión e que pertenzan aos colectivos de menores de 30 anos e maiores de 45 anos.

O Concello de Ames abre o prazo para inscribirse no “AMES AV LAB”, un laboratorio pioneiro de aceleración de proxectos audiovisuais destinado a potenciar a produción audiovisual no municipio. A iniciativa, cofinanciada pola Deputación provincial da Coruña, representa un paso significativo cara adiante no desenvolvemento do sector audiovisual local. O período de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de abril. Premendo nesta ligazón podes obter as bases e mailo impreso de solicitude.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, ten aberto un proceso para reubicar o mercado de rúa de Bertamiráns na antiga zona onde se desenvolvía de forma habitual ata o pasado mes de marzo antes da declaración do Estado de Alarma pola Covid-19. Ata o 21 de outubro, os vendedores/as ambulantes puideron facer propostas en torno o emprazamento no que queren que se sitúe o mercado de rúa que se desenvolve os sábados pola tarde en Bertamiráns. Agora, dende hoxe e ata este mércores 28 de outubro poderán votar por algunhas das tres ubicacións propostas.

O Concello de Ames vén de presentar hoxe no Milladoiro o programa de Autocine que se vai a desenvolver o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no Milladoiro. Esta iniciativa está incluída na programación “Un Nadal diferente”. Para poder acudir a ver algún dos seis filmes que se van proxectar é preciso reservar entrada a través desta páxina web. A entrada é gratuíta, pero no momento da reserva, haberá que  axuntarun tícket de compra (en formato jpg ou pdf) dalgún establecemento de Ames, por un importe mínimo de 10,00 euros.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, colabora coa organización Acción contra a Fame, na organización do evento Emprende Innova Comparte en Galicia, que se celebrará o vindeiro xoves, 10 de outubro, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Haberá talleres participativos, networking e un concurso final onde se poderá obter premios valorados en 2.800 euros que che axudarán a posicionar a túa futura empresa. Para obter máis información e inscribirse hai que acceder á páxina web www.emprendeinnovacomparte.org/galicia

Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que por mor das predicións meteorolóxicas que dan choiva para o luns 5 e martes 6 de setembro, vanse adiar as xornadas de “Volta ao cole co comercio” para o venres 9 de setembro no Milladoiro e o martes 13 en Bertamiráns. Trátase dunha campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría local no comezo do curso lectivo. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas. Haberá diferentes actividade lúdicas e sortearanse arredor de 160 premios valorados en máis de 2.000 euros. É unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Eventos del departamento

A carpa multimedia estará instalada no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro e está destinada a todos os públicos.

A carpa multimedia estará instala no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro. Para todos os públicos.

A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o 11 de decembro no Centro de Maiores de Bertamiráns, ás 16:00 horas, unha charla informativa sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica. A charla está dirixida principalmente a persoas maiores.

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o 14 de decembro no Centro de Maiores do Milladoiro, ás 19:00 horas, unha charla informativa sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica. A charla está dirixida principalmente a persoas maiores.

O prazo de solicitude de praza no novo Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Ames e Brión (2024-2025) está aberto ata o día 29 de novembro. Nesta edición, o programa conta con 100 prazas para a formación nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo. Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 220.000 euros, e confinanciado polos Concellos de Ames e Brión. Este venres, 15 de novembro, ás 12.00 horas, haberá unha charla informativa sobre este programa no Centro de formación e emprego do Concello de Ames (rúa Costaneira, número 2, na urbanización de Aldea Nova”).

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias. O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns.