Pestanas principais

Persoal Municipal

Relación de postos de traballo. Actual e modificacións

A Relación de Postos de Traballo (RPT) é o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal de acordo coas necesidades dos servizos, indicando os requisitos esixidos para o desempeño de cada posto (titulación específica, carnés necesarios, licenzas especiais...), así como a súa denominación, características esenciais deles (complementos de destino e específicos) e determinación das súas retribucións complementarias. Polo tanto a modificación de cada posto de traballo só se pode modificar a través desta e non por unha simple aprobación do Cadro de Persoal Orgánico.

É o principal instrumento organizativo e de xestión de recursos humanos nas administracións, posto que deseña a súa estrutura interna, ordenando e clasificando o persoal segundo a realización concreta do traballo para desenvolver. Mediante a RPT racionalízase e ordénase a función pública e é un instrumento esencial da política de persoal ao incluír nela a dimensión económica ou orzamentaria. Teñen un contido máis amplo que os cadros de persoal.

A actualización da Relación de Postos de Traballo do Concello de Ames foi aprobada na sesión plenaria do 29 de decembro de 2016, despois de nove anos sen modificar. Tras dita actualización realizáronse nove modificacións máis. As relacións de postos de traballo deben ser documentos vivos nas que se reflictan a situación real das administracións públicas e se adapten ás súas necesidades.   

Cadro de persoal

Persoal eventual de confianza

Compatibilidades

Retribucións e axudas de custo

Masa salarial do persoal funcionario e do persoal laboral