Procesos selectivos en desenvolvemento

17/01/2024

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

30/05/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do nomeamento de funcionarios/as de carreira por promoción interna de tres prazas de administrativo/a, contida na oferta de emprego público 2021 do Concello de Ames. 

04/05/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a creación da lista de agarda do proceso selectivo de mestres/as de educación infantil das escolas infantís municipais do Concello de Ames.

17/03/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o nomeamento dun/unha Axente Local de Innovación como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II". As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o venres 17 de febreiro de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 

28/09/2022

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova V. O Renova V é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

01/07/2022

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova IV. O Renova IV é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

25/03/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a aprobación da lista definitiva de admitidos/as, tribunal e data de exame no proceso selectivo para a selección e a contratación de tres peóns / peoas de obras públicas, como persoal laboral temporal, para o departamento de Obras e Servizos Básicos. As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o martes 22 de marzo de 2022, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

25/03/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a aprobación da lista definitiva de admitidos/as, tribunal e data de exame no proceso selectivo para a selección e a contratación dun peón/dunha peoa de horticultura e xardinaría, como persoal laboral temporal, para o departamento de Medio Ambiente. As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o martes 22 de marzo de 2022, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

22/03/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o proceso selectivo para a selección e a contratación dun / dunha axente local de innovación, como persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo, para a execución do programa Innova Ames. As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o venres 11 de marzo de 2022, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

14/03/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a publicación do anuncio das bases e da convocatoria para a provisión, por comisión de servizo, de dous postos de Policía Local do Concello de Ames.