Procesos selectivos en desenvolvemento

10/11/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a creación dunha bolsa de arquitectos/as técnicos/as do Concello de Ames. Accede e consulta o decreto de creación de dita bolsa.

21/09/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a resolución das alegacións ao primeiro exercicio da fase de oposición e convocatoria do segundo exercicio dun/dunha responsable de brigada para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames.

10/06/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, informa do resultado do proceso para a selección dun mestre do obradoiro de empego Forest Ames Brión.

28/05/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a publicación do exame, da plantilla de respostas e resultado do primeiro exercicio da proba de oposición (cuestionario tipo test) da fase de oposición para a selección e contratación de dous-dúas peóns para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal.

23/09/2020

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a valoración dos méritos dos candidatos do proceso selectivo para a cobertura de catro postos singularizados reservados a funcionarios polo procedemento de concurso de méritos e sobre a proposta de adxudicación.