Pestanas principais

Adhesión ao plan de medidas preventivas fronte incendios forestais mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de Ames

Presencial
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Solicitar a inscrición axudas para a plantación de árbores frondosas caducifolias en terreos situados na rede de faixas secuntarias co obxectivo de previr incendios forestais.

QUEN PODE FACELO:

  • Os/as propietarios/as dos terreos incluídos nas franxas de xestión de biomasa priorizadas anualmente no Plan de medidas preventivas fronte incendios forestais mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa.

COMO SE FAI:

  • Anualmente o Concello selecciona un o mais ámbitos de actuación prioritarios e notifica mediante carta certificada aos titulares catastrais das fincas situadas neses ámbitos a posibilidade de acollerse ao plan de plantación de frondosas caducifolias. No caso de estar interesado, o veciño/a fará una solicitude de adhesión ao plan. Persoal do concello visita as fincas solicitadas é, de acordo co veciño, fai un plan de plantación valorado economicamente. O concello pode subvencionar o 80 % deste plan de plantación para o que o veciño deberá formalizar a adhesión ao Plan de Plantacións e solicitar subvención.

CANDO:

  • A partir do momento que a convocatoria de axudas saía publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

ONDE:

  • Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Ames, Praza do Concello, nº2, Bertamiráns.

DOCUMENTACIÓN:

  • ANEXO I: solicitude de elaboración dun plan de medidas preventivas fronte incendios forestais mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de ames.

 

  • ANEXO II: adhesión ao plan de plantación e solicitude de axuda para repoboación con frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do concello de ames (Inclúe solicitude de concesión dunha axuda de ata o 80% para levar a cabo acciones preventivas mediante plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa nas parcelas indicadas e para os traballos detallados e orzamentos que figuran neste mesmo anexo II)

PREZO:

  • Segundo a valoración dos traballos detallados no anexo II.

TÉCNICO RESPONSABLE:

  • Patricia Reboreda

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

  • Lei  3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia.
  • Ley 7/2012, de 28 de junio, de montes de Galicia
  • Lei 9/2017 de 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas
  • Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de xestión de biomasa nos espazos definidos como  redes secundarias de faixas conforme a legalidade vixente.