PARA QUE (FINALIDADE):
Solicitar o carné de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro durante a época estival.
QUEN PODE FACELO:
Nenos/as e adultos.
COMO SE FAI:
Para solicitar a tarxeta de usuario/a é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné por cada usuario/a novo/a ou se fose necesario renovala) e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria.
A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.
Dende o Concello solicítase que, na medida do posible, as/os usuarias/os descarguen a documentación desde a páxina web e que soliciten a folla de autoliquidación por correo electrónico para despois facer o correspondente pago. Unha vez recibida toda a documentación, enviaranse nun prazo de 5 días, o carné actualizado nun documento PDF.
CANDO:
As solicitudes poden presentarse dende o 20 de maio ata o 14 de agosto de 2024.
ONDE:
- De forma telemática: Os/as interesados/as poden descargar o impreso de solicitude ao pé deste trámite. Deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal.
- A través da Oficina Virtual Tributaria (só o pago da autoliquidación).
PREZO:
Ofértanse varios tipos de abono:
- Familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros
- Individual para toda a tempada, de 14 euros.
- Abono de tempada para menores de idade, de 7 euros.
Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Neste sentido, o terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Os menores de 4 anos quedan exentos de pago.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
Os interesados/as poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no número de teléfono, 619 842 504 (na oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas.
CONCELLARÍA RESPONSABLE: