Pestanas principais

CARNÉ XOVE EURO < 30

Presencial
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

O Carné Xove Euro<30 é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

Para coñecer polo miúdo onde podes usar o Carné Xove<30 accede a este enlace:

 QUEN PODE FACELO:

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambolos dous inclusive.

  • A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)

COMO SE FAI:

    DOCUMENTACIÓN NECESARIA (FORMULARIOS A DESCARGAR)

  •  Presencialmente en horario de 9,00h a 14,00h: os luns, mércores e xoves na OMIX de Ames, sita na Casa do Concello en Bertamiráns. Os martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. (Dispoñemos dos impresos para xestionar a solicitude e pagamento de taxas).

 

 

 

 

 

 PREZO:

  • 6,00€

A expedición deste carné para a xuventude conleva o pagamento dunha prestación económica nos termos da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas vítimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.
 

RESPONSABLE:

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames

A OMIX atende en horario de 9,00h a 14,00h: os luns, mércores e xoves na na Casa do Concello en Bertamiráns e os martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Teléfono: 616083229. CORREO ELECTRÓNICO: omix@concellodeames.gal

NORMATIVA APLICABLE: