- Tipo
- Temas
A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.
Deberá especificar se non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).
A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade utilizarase para as verbenas e festas populares celebradas nun só municipio e sen instalacións nin escenarios móbiles.
- Calquera persoa física que desexe comunicar a apertura dun establecemento ou a posta en marcha dunhas instalacións con destino a calquera uso distinto do de vivenda.
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
- Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
- No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
- Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.
NORMATIVA APLICABLE:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola licenza de apertura de establecementos.
- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía.
- Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
- Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.