Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
- Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra de adecuación de local para actividade.
COMO E ONDE FACER O PROCESO
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
- No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
- Descrición suficiente das características da obra de adecuación de local.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
- De ser o caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
- Xustificante de pagamento dos tributos municipais.
NORMATIVA APLICABLE:
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
- Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.