Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
- Queda suxeita ao réxime de comunicación previa a colocación de rótulos e carteis. O promotor comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
- Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
- Calquera persoa física que desexe comunicar a colocación de rótulos ou carteis.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Comunicación Previa para a colocación de rótulos e carteis.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
- No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
- Orzamento detallado.
- Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
NORMATIVA APLICABLE:
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora del impuesto sobre construcciones, instalaciones y obras.
- Ordenanza fiscal reguladora de la tasa por la expedición de licencias urbanísticas.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de licenza para colocación de rótulos e carteis.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
- Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.