Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do concello de Ames

Online
Sede Electrónica
venres, 15 Marzo, 2024 a luns, 15 Abril, 2024
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Proporcionar apoio económico para promover as actividades de índole cultural, e para adquisición de material inventariable, achegar a cultura ao maior número de persoas e promover una vida cultural estable no concello de Ames, non só con actividades programadas pola propia administración, senón que tamén pola veciñanza e por entidades do ámbito privado.

QUEN PODE FACELO:

  • Asociacións culturais ou veciñais, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

CANDO:

  • Convocatoria anual (gastos efectuados no exercicio 2022).

COMO SE FAI:

  • Unha vez que saen publicadas as bases da convocatoria, as asociacións/comisións teñen 30 días naturais para presentar as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben a través do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que se pode acceder desde o enlace dispoñible na Sede electrónica. O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 31 de maio ao 29 de xuño de 2022.

ONDE:

DOCUMENTACIÓN:

  • Anexo 1: Solicitude de subvención
    • Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:
      • Descrición detallada da actividade para a que se solicita a subvención.
      • Certificación bancaria da conta na que teña de efectuarse o ingreso da subvención.
  • Anexo 2: Declaración responsable do/a presidente/a da entidade (no caso das asociacións) ou dos membros integrantes do comité organizador.
  • Anexo 3: Conta xustificativa

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

  • Conforme ao disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei, así como no Regulamento de servizos das corporacións locais.

+ info

Anexos da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do concello de Ames durante o exercicio 2024 (DOC)
500.5 KB
Anexos I e II
476 KB
Anexo III
Anexos da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do concello de Ames durante o exercicio 2024 (PDF)
150.74 KB
Anexos I e II
138.02 KB
Anexo III