Online
Sede Electrónica
martes, 31 Maio, 2022 a mércores, 29 Xuño, 2022
- Temas
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Proporcionar apoio económico para promover as actividades asociadas á celebración das festas populares, desenvolvidas polas asociacións culturais e veciñais do concello, e contribuír á preservación e a estabilización da programación festiva de Ames, así como a participación da veciñanza nas súas festas.
QUEN PODE FACELO:
- Asociacións culturais ou veciñais, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. E tamén comisións de festas constituídas por unha agrupación de persoas físicas, sen personalidade xurídica.
CANDO:
- Convocatoria anual (gastos efectuados no exercicio 2024).
COMO SE FAI:
- Unha vez que saen publicadas as bases da convocatoria, as asociacións/comisións teñen 30 días naturais para presentar as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben a través do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que se pode acceder desde o enlace dispoñible na Sede electrónica. O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 31 de maio ao 29 de xuño de 2022.
ONDE:
DOCUMENTACIÓN:
- Anexo 1: Solicitude de subvención
- Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:
- Cartel das festas, e no seu caso, programa de man.
- Certificación bancaria da conta na que teña de efectuarse o ingreso da subvención.
- Anexo 2: Declaración responsable do/a presidente/a da entidade (no caso das asociacións) ou dos membros integrantes do comité organizador.
- Anexo 3: Conta xustificativa
RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE:
O texto completo é o seguinte: Conforme ao disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei, así como no Regulamento de servizos das corporacións locais.