Pestanas principais

Matrícula de campamentos de verán 2022

Presencial
Online
Sede Electrónica
mércores, 18 Maio, 2022 a luns, 30 Maio, 2022
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Matricularse no programa de campamentos de verán 2022.

QUEN PODE FACELO:

  • Rapazada que estea cursando 5º e 6º de educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato.

CANDO:

  • Do mércores 18 ao luns 30 de maio de 2022.

ONDE:

  • De xeito telemático: Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello de Ames, ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
  • De xeito presencial: Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do Concello de Ames, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A cita poderá solicitarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou nos teléfonos 881 074 710 e 881 074 711.

DOCUMENTACIÓN:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

PAGAMENTO (AUTOLIQUIDACIÓNS):

  • Variable dependendo do campamento.
  • O pagamento poderá fraccionarse en dous prazos (50% do custe cada un) segundo o sinalado no impreso de preinscrición. Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado na preinscrición a tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.
  • Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial en:
    • Oficina de Recadación de Milladoiro (rúa Viorneira, número 6).
    • Oficina de Recadación de Bertamiráns (praza Horta de Abaixo, número 6). Tamén en horario de tarde os luns e mércores (de 16:15 a 18:30 horas).
    • A través do correo electrónico ames@canaltributos.com.
  • En caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico, poderase descargar a autoliquidación a través do enlace "Oficina Virtual Tributaria" que figura na web municipal (www.concellodeames.gal), ou a través da banca electrónica de ABANCA.
  • De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

CONCELLARÍAS RESPONSABLES:

Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellaría de Medio Ambiente, chamando ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellaría de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.