Pestanas principais

Permiso para realizar cacharelas na noite de San Xoán

Presencial
Online
Sede Electrónica
mércores, 5 Xuño, 2024 a venres, 21 Xuño, 2024
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

Solicitar permiso para realizar cacharelas na noite de San Xoán.

QUEN PODE FACELO:

Persoas a título individual ou asociacións, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada.

COMO SE FAI:

Para a celebración das cacharelas/sardiñadas as persoas, organizacións e comunidades  deberán presentar a solicitude correspondente, segundo modelo  publicado na Sede electrónica do Concello de Ames  e dispoñible fisicamente nas oficinas xerais do Concello, enchendo tódolos datos que constan en dito modelo de solicitude.

No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos deberán achegar á solicitude un mapa do lugar exacto onde celebrarán a fogueira.

Aquelas que sexan solicitadas en espazos públicos deberán ser expresamente autorizadas polo concelleiro de Administración xeral e urbanismo a través dunha resolución que será publicada na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios.

No caso das solicitudes de cacharelas/Sardiñadas para espazos privados, o Concello de Ames enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para levar a cabo o evento.

CANDO:

No caso de  espazos públicos:  Dende o 5 de xuño de 2024 ata o día 17 de xuño do 2024, ás 13.30 horas.

No caso de  espazos privados:  Dende o 5 de xuño de 2024 ata o día 21 de xuño do 2024, ás 13.30 horas.

ONDE:

  • PREFERENTEMENTE: Rexistro telemático, a través da sede electrónica do Concello de Ames.

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro en Bertamiráns, sen cita previa. 

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro no Milladoiro, sen cita previa. 

PREZO:

De balde.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

Concellería de Administración Xeral