Pestanas principais

Programa de voluntariado xuvenil

Presencial
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

O programa de voluntariado xuvenil que se organiza dende a OMIX ao abeiro dunha subvención da DirecciónXeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta da Galicia, pretendebrindará mocidade municipal a oportunidade de desenvolver unha serie de posibilidades no ámbito persoal e profesional, e desta maneira contribuír a aumentar a súa dispoñibilidade de cara ao emprego e a súa participación na sociedade en xeral.

O programa de voluntariado xuvenil que se realiza cada verán, componse de diferentes actividades de lecer e medio ambiente, para a infancia e a mocidade do concello. O programa conta cun importante compoñente sensibilizador e formativo, xa que a través do mesmo, fórmasea un equipo de 8 voluntarios/as en actividades relacionadas co tempo de lecer, que desexan colaborar de maneira solidaria na organización de actividades e a compresión do seu propio entorno. A labor dos/as voluntarios/as basearase na intervención coa infancia e a mocidade do concello, para fomentar a súa formación, promover o coñecemento, e aproveitar e optimizar os recursos naturais do noso concello.

Como valor engadido, a labor dos/as voluntarios/as xuvenís vai a contribuír de maneira positiva no aumento das súas posibilidades laborais, xa que en moitos sectores profesionais valórase o traballo voluntario (pola iniciativa e a responsabilidade que leva implícita) e tamén aumenta as súas relacións sociais, facilitando a interrelación entre iguais.

QUEN PODE FACELO:

  • 8 mozos e mozas do concello con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

COMO SE FAI:

  • O programa elabórase anualmente en función das indicacións da orde de convocatoria da axuda da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

CANDO:

  • o programa desenvólvese nos meses do período vacacional do verán.

DOCUMENTACIÓN:

  • a mocidade entre 16 e 30 anos interesada en participar debe cubrir e rexistrar unha instancia solicitando a participación voluntaria no programa. Unha vez se conforme o equipo de voluntariado solicitarase aos participantes a restante documentación esixida na normativa aplicable (autorizacións paternas, compromisos de colaboración, etc.)

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

  • ORDE do 16 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018