Pestanas principais

Inscrición nos programas lúdicos (Xuño Lúdico)

Presencial
Online
Sede Electrónica
luns, 19 Abril, 2021 a luns, 3 Maio, 2021
Tramite activo: 
Pechado

CONVOCATORIAS:

  • Entroido Lúdico, Primavera Lúdica, Xuño Lúdico, Setembro Lúdico, Nadal Lúdico.
  • Solicitude de inscrición correctamente cuberta, especificada no regulamento de funcionamento.

PRAZO:

  • Do 19 de abril ata o 3 de maio.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

  • Cubrir a instancia, aportar a documentación e presentar por rexistro.

INFORMACIÓN:

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

A entrega da documentación farase a través do Rexistro telemático a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Outra opción é presentar a documentación nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa chamando ao teléfono 696 650 173 ou a través do correo electrónico rexistro@concellodeames.gal/ registro@concellodeames.gal ou calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP.

DOCUMENTACIÓN:

As solicitudes de inscrición poden recollerse no departamento de Educación, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 08:30 ás 14:30 horas. Ao pé deste trámite tamén podes obter o impreso de inscrición e mailo regulamento de funcionamento.

  • DNI ou documento de indentificación dos proxenitores/titores.
  • Libro de familia (no seu defecto partidas de nacemento).
  • No caso de ruptura de unidade familiar, sentenza con convenio regulador da garda, custodia e alimentos do(s)/a(s) menor/es.
  • Xustificación correspondente da situación familiar (certificado discapacidade, informe dependencia, título familia numerosa, calquera outra documentación xustificativa).
  • Xustificación correspondente da situación de ocupación dos membros parentais (certificado vida laboral, última nómina, tarxeta demanda emprego, etc).

NORMATIVA:

  • Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos.
  • Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestacion de servizos complementarios educativos e de conciliacion da vida familiar e laboral do Concello de Ames.