Pestanas principais

Prórroga de licenza de obras

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a luns, 31 Decembro, 2029
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
  • O procedemento de "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
  • Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • A partir da segunda prórroga, indicar na solicitude o orzamento pendente de executar e achegar o certificado do arquitecto onde conste este importe.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.
MÁIS INFORMACIÓN:
  • Nome: Prórroga de licenza de obras.
  • Unidade tramitadora: Urbanismo.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
  • Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.