Pestanas principais

Renovación de praza na Escola Municipal de Música de Ames

Online
Sede Electrónica
luns, 13 Setembro, 2021 a xoves, 23 Setembro, 2021
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE, FINALIDADE:

  • Renovación de praza na escola Municipal de Música de Ames.

QUEN PODE FACELO:

  • Alumnas e alumnos da Escola para a continuación dos seus estudos.

CANDO:

  • Do 13 ao 23 de setembro de 2021.

COMO SE FAI:

ONDE:

Esta renovación tamén se poderá realizar a través doutro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Neste caso , para presentar a documentación de xeito presencial no rexistro municipal hai que solicitar cita previa para ser atendido, chamando ao seguinte número de teléfono:

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 696 650 173.

Pódese pedir cita a través deses teléfonos, ou enviando un correo a rexistro@concellodeames.gal/ registro@concellodeames.gal indicando o trámite que se desexa realizar e un número de teléfono para contactar.

COMO SON AS CLASES:

Na Escola Municipal de Música de Ames impártense:

  •  Clases de Música e Movemento: para nenos/as nenos/as nados no 2015, 2016 e 2017
  • Especialidade instrumental ou vocal e Linguaxe Musical de 7 anos en diante (cumpridos no 2021).

PRAZAS OFERTADAS:

  • Música e movemento (ano de nacemento 2015) :Luns e mércores 17:30-18:30: 5 prazas
  • Música e movemento (ano de nacemento 2016):  Luns e mércores 18:30-19:30: 7 prazas
  • Música e movemento (ano de nacemento 2017)Luns e mércores 16:30-17:30: 10 prazas
  • Batería / Percusión: 3 prazas
  • Guitarra/Baixo: 6 prazas
  • Violín / Viola: 8 prazas
  • Canto Moderno: 5 prazas
  • Saxofón: 3 prazas
  • Frauta Traveseira: 6 prazas
  • Piano: 3 prazas
  • Linguaxe Musical/Musica Para Adultos: As prazas destas especialidades serán cubertas principalmente con persoas que cursen especialidade instrumental ou vocal. Cando haxa alumnado que solicite só linguaxe musical poderá acceder sempre que queden prazas dispoñibles. Os horarios desta materia os poñerá a profesora tendo en conta a idade e os coñecementos dos alumnos/as.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude de inscrición, domiciliación bancaria; autorización de imaxes.

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: