PARA QUE (FINALIDADE):
Favorecer a aquelas persoas con mobilidade reducida, ou que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitacións na actividade igual ou superior ao 75%, o uso de transportes privados de cara a facilitar o seu estacionamento.
QUEN PODE FACELO:
- Poderán ser beneficiarias da tarxeta de estacionamento de vehículos todas aquelas persoas que, estando empadroadas no Concello de Ames, teñan recoñecida mobilidade reducida polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) dependente da Sección de cualificación e valoración de discapacidade da Xunta de Galicia, ou teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitacións na actividade igual ou superior ao 75%.
COMO SE FAI:
- Presentar o modelo de instancia normalizado para este trámite debidamente cuberto, así como a documentación requirida para a súa valoración.
CANDO:
- Todo o ano.
ONDE:
- No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
DOCUMENTACIÓN:
- Modelo de instancia conforme ao anexo I.
- Fotocopia cotexada do DNI, tarxeta de residencia ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Certificado de empadroamento. O certificado será solicitado á Oficina Xeral do Concello por parte do persoal municipal que tramite a solicitude.
- Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoración e Orientación (EVO).
- Autorización de cesión de datos segundo modelo anexo.
- No caso que a persoa interesada sexa maior de idade incapacitada xudicialmente:
- Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da incapacidade xudicial e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condición de titora.
- No caso de que a persoa interesada sexa un menor de idade:
- Copia compulsada lo libro de familia.
- Copia compulsada de sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
- Copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial que acredite a condición de ser o titor/a, acolledor/a do menor, de ser o caso; e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa titora ou acolledora.
- Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial; e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condición de titora.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
PREZO:
- De balde.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE:
- Ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade do Concello de Ames (BOP 56, do 23 de marzo de 2016).
- Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.