Presencial
Online
Sede Electrónica
mércores, 1 Xaneiro, 2020 a xoves, 31 Decembro, 2020
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Tramitar solicitudes de devolución de ingresos de tributos e de ingresos de dereito publico xestionados polo concello de Ames, e non delegada a súa recadación na Deputación provincial da Coruña.
QUEN PODE FACELO:
- Poderá solicitar a devolución de ingresos a persoa obrigada a realizar o pagamento, así como os seus sucesores. Poderá actuar directamente ou mediante representante
COMO SE FAI:
A solicitude pódese presentar, en calquera momento antes da prescrición do dereito, por:
- REXISTRO XERAL
- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario: 9.00 a 14.00 horas.
- RESTANTES FORMAS PREVISTAS NO ARTIGO 16 da LEI 39/2015. DE 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AA.PP.
- ELECTRONICAMENTE:
Dende a Sede electrónica municipal pode achegar a solicitude, xunto coa documentación de incorporación obrigatoria, en cada caso.
Para realizar o trámite dende a sede deberá identificarse previamente na mesma, a través de certificado dixital DNI-e.
DOCUMENTACIÓN:
- Xustificante do pago do recibo ou liquidación da que se solicita devolución, debendo obrar no expediente o documento orixinal.
- Documentos que xustifiquen a devolución (por exemplo, si o dereito á devolución dimana dun acto administrativo previo, ou dunha resolución xudicial)
- Deberá consignar na súa solicitude un número de IBAN completo a fin de proceder a realizar a devolución a través de transferencia bancaria.
- Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.
- No caso de que a solicitude da devolución do ingreso sexa presentada polos herdeiros/sucesores do obrigado tributario:
- certificado de defunción
- certificado do Rexistro Xeral de Actos de de Última vontade
- Fotocopia do testamento, si o houbese, ou no seu defecto, fotocopia do Testemuño de Declaración de Herdeiros ou Acta de Notoriedade.
- Se a designación de herdeiros se realiza polo seu nome e apelidos, deberá achegarse fotocopia do DNI ou documento que acredite a identidade. Si a designación de herdeiros se realiza de forma xenérica (por exemplo fillo, neto), documento no que quede acreditada tal circunstancia.
- Se a herdanza está aceptada: escritura de aceptación da herdanza. Si a herdanza foi aceptada tacitamente, actos que poñan de manifesto a vontade de aceptación.
- Se a herdanza non foi aceptada: escrito asinado por todos os herdeiros indicando que non se prestou aceptación a aquela.
RESPONSABLE:
OFICINAS:
- Recadación municipal de Bertamiráns
- Enderezo: Praza Horta de Abaixo, nº 6- Local 18
- Teléfono: 981 884 896
- Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Recadación municipal do Milladoiro
- Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
- Teléfono: 981 884 896
- Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Servizo Municipal de Augas Bertamiráns
- Enderezo: Rúa Agrelo, número 7, baixo
- Teléfono: 981 890 776
- Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.
- Servizo Municipal de Augas Milladoiro
- Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
- Teléfono: 981 93 94 45
- Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.
NORMATIVA APLICABLE:
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante) (artigos 32, 221).
- RD 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento en materia de revisión en vía administrativa (RXR, en adiante) (artigos 14 a 20).
- Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames.
Aspectos destacables da normativa aplicable:
- A prescrición do dereito a solicitar a devolución de ingresos indebidos prodúcese aos 4 anos dende o día seguinte a aquel en que se realizou o ingreso indebido. (artigo 67.c) LXT).
- Nos procedementos iniciados a instancia de parte, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorrido o prazo máximo de seis meses sen terse emitido a resolución expresa.( artigo 19.3 RXR).