Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
A Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas deberá presentarse para solicitar autorización para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia).
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
- Con anterioridade ao inicio da instalación da terraza, quen exerza a titularidade do establecemento.
COMO E DONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.
- No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
- Proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van a desenvolver, co contido e detalle que lle permita á Administración coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado polo/a técnico/a competente e deberá conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos construtivos e de actividades.
- Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico ao que fai referencia a liña anterior.
- Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros requiridos.
- Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van a desenvolver nel.
- Documento acreditativo da designación, por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, no cal debe constar o nome, a dirección e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.
- A solicitude de licenza urbanística, se é o caso, acompañada pola documentación requirida pola normativa urbanística.
- Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.
NORMATIVA APLICABLE:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno.
- Carácter do silencio administrativo: Silencio negativo.
- Prazo de execución: 2 meses.
- Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
- Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.