PARA QUE (FINALIDADE):
A finalidade da renda é dar unha resposta ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de risco de exclusión social para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social, dado que estas axudas son un apoio temporal.
QUEN PODE FACELO:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco de exclusión social e precisen dunha axuda para satisfacer as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.
Requisitos necesarios para a concesión destas axudas:
- Ser maior de idade ou menor emancipado/a.
- Residir e estar empadroado/a no municipio de Ames de forma ininterrompida por un período mínimo de 3 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude, coas seguintes excepcións:
- As vítimas de violencia de xénero que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
- As persoas emigrantes galegas que proveñan do concello e fixen a súa residencia nel.
- As persoas refuxiadas ou con solicitude de asilo en trámite, así como as que teñan autorizada súa estancia por razóns humanitarias, sempre que en todos os casos cumpran o resto dos requisitos para solicitar esta axuda.
- Acreditar a situación de necesidade, situación que será valorada polo/a traballador/a social e integrada nun proceso de intervención social.
- Achegar a documentación requirida en cada caso.
- Aceptación expresa por parte do/a solicitante das condicións que figuran no proxecto de integración social.
- No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ouseguimento establecido polos servizos sociais comunitarios básicos ou polo servizo especializado.
- Non ser a persoa solicitante ou calquera membro da unidade familiar propietarios ou usufrutuarios de bens inmobles, vehículos ou outros bens que, polas súas características, valoración, posibilidades de venda, ou calquera outra forma deexplotación, indiquen de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para non atoparse en situación denecesidade e/ou risco de exclusión, agás a propiedade referente á vivenda destinada ao uso propio, sempre que a súavaloración catastral non supere en 10 anualidades o IPREM vixente para cada ano, referido a 14 pagas.
- A unidade familiar de convivencia non poderá ter uns ingresos mensuais superiores ao 100% do IPREM vixentepara cada ano, incrementado nun 10% por cada membro adicional desta, ata un máximo do 170%. Para o cómputo finaldos ingresos descontaranse os alugueiros e hipotecas nunha cantidade ata un máximo de 350 euros. Para realizar unhavaloración da situación económica da unidade familiar tomarase como período de referencia os 6 meses anteriores á datada solicitude.
- Non ter dereito a percibir a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, nin as pensións non contributivas nin calquera outra prestación ou pensión de contía igual ou superior á das devanditas pensións. Non se cumprirá este requisito cando a solicitante ou calquera persoa da súa unidade de convivencia teñarenunciado á percepción ou subsidio ou suspendida ou extinguida total ou parcialmente o dereito aos mesmos por causasimputables a elas
COMO SE FAI:
- Presentar o modelo de instancia normalizado para este trámite debidamente cuberto, así como a documentación requirida para a súa valoración.
CANDO:
- O prazo para presentar as solicitudes está aberto durante todo o ano.
ONDE:
- No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
DOCUMENTACIÓN:
- Orixinal e fotocopia para compulsar do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade. No supostode estranxeiros/as, documento acreditativo da súa identidade.
- Orixinal e fotocopia para compulsar do libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.
- Orixinal e fotocopia da sentenza de separación ou divorcio, do convenio regulador ou documento regulador das relacións paterno-filiais, se é o caso.
- Certificado de empadroamento e de convivencia no que conste a data de alta. O certificado será solicitado á oficina xeral municipal por parte dos servizos sociais do Concello.
- Último recibo aboado do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens). O certificado será solicitado á oficina de recadación por parte dos servizos sociais do Concello.
- Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
- Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar que se atopen en idade laboral. Para esta xustificación cómpre presentar a seguinte documentación acreditativa:
- Follas de salario do ano en curso de todos os membros da unidade familiar que perciban haberes.
- Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
- Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
- Autorización ó Concello de Ames para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
- Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos bancarios existentes nos 6 meses anteriores á petición da axuda.
- Naqueles casos nos que non acheguen a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable.
- Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
- No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
- Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
- Documentación acreditativa da situación de necesidade determinantes da solicitude. Esta documentación debe ser orixinal, así como o xustificante do custo ou orzamento nos casos que proceda.
- Certificación da conta bancaria na que deba efectuarse o ingreso, de ser o caso.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixoa responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónicodos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
PREZO
- De balde.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE
CONCELLARÍA RESPONSABLE
NORMATIVA APLICABLE